Evento: Fliv 2020: I Festival Virtual da Literatura Galega

Fliv 2020: I Festival Virtual da Literatura Galega
venres, 26 xuño, 2020 a domingo, 28 xuño, 2020
Evento online,
Santiago de Compostela

Fliv 2020: I Festival Virtual da Literatura Galega

DataLib Servizos Documentais, Anna R. Figueiredo e Revista Fervenzas Literarias, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, organizan o FLIV 2020.

DataLib Servizos Documentais, Anna R. Figueiredo e Revista Fervenzas Literarias, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, organizan o FLIV 2020, o I Festival Virtual da Literatura galega, un espazo virtual co obxectivo de visibilizar a riqueza cultural galega e a riqueza empresarial que ten detrás a través de múltiples actividades.

A primeira convocatoria celebrarase de maneira virtual no portal web www.fliv.gal que será o punto de encontro deste novo festival literario.

O FLIV é un "punto de encontro virtual" que terá apartados para a literatura e as peregrinacións e fará un repaso por todos os xéneros literarios: novela, ensaio, poesía, teatro e literatura infantil e xuvenil, sen descontar o cómic ou a presenza doutras literaturas na literatura galega por medio da tradución.

No soportal do FLIV desenvolveranse distintas actividades relacionadas co libro: presentacións, debates, clubs de lectura e tamén encontros entre autores coa vantaxe, segundo explican os organizadores, de que "estes contidos permanecerán na web e seguirán sendo accesíbeis unha vez pasadas as datas do festival".

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos
GRATIA PLENA, un festival en feminino
23 de marzo
Capela do Santo Anxo, Rúa Ervedelo, Ourense
GRATIA PLENA, un festival en feminino
30 de marzo
Capela do Santo Anxo, Rúa Ervedelo, Ourense