Evento: Ciclo de monólogos: David Perdomo
Ciclo de monólogos: David Perdomo
David Perdomo formouse en casa Hamlet e na compañía Estragón, con quen virou por toda España, para especializarse despois no humor e a comedia da man de Manicómicos e Escola do Trinque. Durante dous anos, viaxa a Avignon ao festival Internacional de Teatro a presentar traballos e a formarse con xente da talla de Leo Bassi. En 2009 crea xunto a Alberto Castaño S Koruño, unha parodia da sociedade coruñesa coa que se labrou unha lexión de seguidores, ao redor de 50M en Instagram.
Nos últimos anos labrouse un nome na televisión autonómica. En programas como Land Rober e Ecce Perdomo, programa que se estreou en 2019 na televisión de Galicia. En marzo de 2020 decide, xunto a Xose A. Touriñan, realizar todas as noites un directo a través de Instagram para amenizar a corentena, o que resultou todo un éxito. Co paso dos anos, tanto a experiencia persoal como a profesional servíronlle como escola para que as súas actuacións estean cada vez máis cargadas de franqueza e espontaneidade. Facendo sempre sátira da sociedade.
Máis eventos de tipo Espectáculo