Evento: Ciclo de monólogos: David Perdomo

Ciclo de monólogos: David Perdomo
xoves, 6 agosto, 2020 - 22:00
La Huerta Terraza-Cóctel-Bar,
Caldas de Reis

Ciclo de monólogos: David Perdomo

Monólogo do actor e cómico David Perdomo.

David Perdomo formouse en casa Hamlet e na compañía Estragón, con quen virou por toda España, para especializarse despois no humor e a comedia da man de Manicómicos e Escola do Trinque. Durante dous anos, viaxa a Avignon ao festival Internacional de Teatro a presentar traballos e a formarse con xente da talla de Leo Bassi. En 2009 crea xunto a Alberto Castaño S Koruño, unha parodia da sociedade coruñesa coa que se labrou unha lexión de seguidores, ao redor de 50M en Instagram.

Nos últimos anos labrouse un nome na televisión autonómica. En programas como Land Rober  e Ecce Perdomo, programa que se estreou en 2019 na televisión de Galicia. En marzo de 2020 decide, xunto a Xose A. Touriñan, realizar todas as noites un directo a través de Instagram para amenizar a corentena, o que resultou todo un éxito. Co paso dos anos, tanto a experiencia persoal como a profesional servíronlle como escola para que as súas actuacións estean cada vez máis cargadas de franqueza e espontaneidade. Facendo sempre sátira da sociedade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal