Evento: Exposición 'Facer Camiño'

  • Exposición "Facer Camiño"
Exposición 'Facer Camiño'
martes, 30 xuño, 2020 a domingo, 23 agosto, 2020
Museo do Mar de Galicia,
Vigo

Exposición 'Facer Camiño'

Composta por 23 pezas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de destacados artistas galegos

'Facer camiño' é unha exposición itinerante na que se asocia a arte co Camiño de Santiago que percorrerá as 7 grandes cidades galegas, así como as vilas de Tui, Cee e Mondoñedo, concellos asociados ao territorio histórico das rutas xacobeas.

A comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, realizou unha escolma de 23 pezas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de destacados artistas galegos, enfiada por citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinación xacobea de autores como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.

En concreto, a exposición acolle obras de Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado.

 

Descentralización do Xacobeo 2021
A mostra enmárcase no acordo de colaboración institucional existente entre a Administración autonómica e a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGB), referendado mediante a sinatura dun convenio de colaboración en xuño de 2020. Unha colaboración na que a Xunta de Galicia investirá preto de 100.000 euros e que durante este ano se centra de xeito monográfico en afondar no vínculo entre a cultura e o Camiño de Santiago, a través dunha programación de calidade, accesible e deslocalizada.

 

 

 

 

 

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5