Evento: Fadas e Trasnos. Ana Carreira
Fadas e Trasnos. Ana Carreira
sábado, 12 setembro, 2020 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña Fadas e Trasnos. Ana Carreira
Nenas e nenos de 4 a 12 anos
Sempre houbo contos de trasnos, eses argalleiros que case non se deixan ver, pero que se fan notar. Se se meten na casa, na escola ou na biblioteca poden aparecer cousas rotas ou cambiadas de sitio, xa que aos trasnos seica lles divirte moito facer falcatruadas.
Pero tamén existen as fadas que nos axudan a acadar os desexos e a vivir con maxia, xa que a elas lles gusta compartir os seus mundos de fantasía.
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.
Aforo limitado.
Máis eventos de tipo Espectáculo