Evento: Womarts Training: Creando un proxecto colectivo a través da serigrafía

Womarts Training: Creando un proxecto colectivo a través da serigrafía
martes, 15 decembro, 2020 - 09:00
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

Womarts Training: Creando un proxecto colectivo a través da serigrafía

Programa formativo de emprendemento e capacitación profesional para mulleres artistas

No marco do proxecto Womarts lánzase este programa formativo dirixido a mulleres artistas, co obxectivo de procurar un espazo de intercambio, visibilización, profesionalización e consolidación da presenza das mulleres nas artes. Unha proposta da man do Auditorio de Galicia e do Limerick Institute of Technology de Irlanda, partners no proxecto europeo Wom@rts, financiado polo Programa Europa Creativa da Unión Europea.

A proposta baséase nunha programación interdisciplinar arredor do emprendemento e a capacitación profesional estruturada en seis bloques temáticos, impartidos de xeito maioritariamente virtual e durante sete sesións. O programa formativo, de 30 horas de duración, contempla 24 horas en grupo, das cales as 16 primeiras serán de formación virtual e as outras 8 presenciais, incluíndo estas últimas a elaboración dunha peza colectiva e o peche do curso no Auditorio de Galicia. As 6 horas restantes até completar as 30 recollen o tempo de traballo individual de cada participante e un servizo de tutorización individualizado coas docentes de cada tema.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O xogo da estampa
28 de marzo a 26 de abril
Museo de Belas Artes
escola_de_escribas
Escola de escribas
25 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)