Evento: Pantomima Full - Na súa cabeza era espectacular

Pantomima Full - Na súa cabeza era espectacular
venres, 7 maio, 2021 - 21:00
Teatro Colón,
A Coruña

Pantomima Full - Na súa cabeza era espectacular

Monólogos

O segundo show de Pantomima Full desde que son coñecidos. Nin eles imaxinábanse que os vídeos dun minuto ían dar para tanto.

Pero aquí están. Se che gustou o primeiro show de Pantomima Full, hanse currado outro 100% novo para que poidas volver velos e non te sintas estafado.

É o mesmo rolo, dous rapaces odiando todo o que lles rodea e facendo sketches sobre iso.

Se te perdiches o primeiro show de Pantomima Full, que saibas que esta segunda parte enténdese perfectamente sen ver a primeira.

E se non sabes quen son Pantomima Full e tampouco sabes moi ben como acabaches lendo isto, vai ser difícil convencerche para comprar unha entrada cunha recensión.

Mellor pon Pantomima Full en YouTube e se che mola, xa volves aquí.

En definitiva, ir ver a Pantomima Full en directo é unha boa opción para botar o intre. Se non es de ir ao teatro, pois é unha noite que fas algo distinto. Non che cambia a vida, pero que clase de imbécil pretende cambiar a vida da xente cunha obrita de teatro.

Hai que ser pretencioso. Aquí vés, ris unha hora e pico, vas e segues coa túa vida de sempre. Para ben ou para mal.

E se che decepciona sempre poderás dicir que: Na súa cabeza era espectacular.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal