Evento: 27 de marzo - Día Mundial do Teatro
27 de marzo - Día Mundial do Teatro
O Día Mundial do Teatro é o 27 de marzo. Ao igual que a mostra de poesía e debido á proximidade de ambos eventos co Día Internacional da Muller, centrámonos na dramaturxia realizada por mulleres. Queremos destacar unha serie de obras de autoras que temos na nosa colección e que, na medida do posible, sexan unha representación do panorama heteroxéneo da creación teatral mundial.
A nosa intención é centrar a atención nas figuras das autoras que aparecen na mostra: para iso incluímos unha fotografía de cada unha delas, unha pequena nota biográfica e unha breve descrición da obra ou obras expostas. Ademais destacaremos os trazos que as distinguen: a importancia que tivo ou segue a ter no contexto, a temática tratada, o estilo…, co obxectivo de achegar o teatro ás nosas usuarias e usuarios.
A mostra pode visitarse no 2º andar da biblioteca durante o horario de apertura.