Evento: #PrimaveraXove: Encontros formativos e networking
#PrimaveraXove: Encontros formativos e networking
A biblioteca cede o espazo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para desenvolver o programa #PrimaveraXove, da Xunta de Galicia, que busca ofrecer espazos seguros, informais, abertos e innovadores para que as persoas mozas poidan desenvolverse persoal e profesionalmente e aprender dun xeito ameno favorecendo a convivencia e o networking.
O segundo encontro versará sobre voluntariado e acción social e contará cos seguintes relatores:
- Rubén Villasenín (Amabul). É unha asociación medioambiental de ámbito autonómico afincada no concello de Vedra. Trátase dunha entidade que, partindo da pedagoxía ambiental, desenvolve diferentes accións e proxectos no marco dos seus programas de Capacitación Ambiental, Acción Ambiental, Divulgación Ambiental e Voluntariado Ambiental.
- Paula Rivela (Baiuca Verdescente). Buscan promocionar o patrimonio artístico, natural, cultural e humano de Galicia, especialmente no Camiño de Santiago e no románico galego.
- Juan Pampillón (Cooperación Internacional). Constitúese en Madrid como unha asociación que aúna diferentes propostas e proxectos solidarios desenvolvidos en el ámbito universitario, baixo a finalidade de promover unha cultura solidaria entre os mozos e mozas, especialmente, e a sociedade en xeral.
Moderadora:
Sonia Pazos (Instituto Galego do Talento - IGATA). Unha comunidade de mozos/as e profesionales que queren crear a marca galega asociada ao talento. O seu obxectivo é impulsar o talento en Galicia. Sonia será a persoa encargada de moderar a mesa redonda.
Máis información e inscrición: http://xuventude.xunta.es/primavera-xove/encontros