Evento: Medicina gráfica
Medicina gráfica
venres, 1 outubro, 2021 a martes, 30 novembro, 2021
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Medicina gráfica
Mostra bibliográfica de banda deseñada
Medicina gráfica é un termo acuñado polo médico británico e autor de cómics Ian Williams para referirse ao uso do cómic ou novela gráfica, a ilustración e a infografía como ferramentas de comunicación sanitaria. Nesta mostra recollemos unha selección bibliográfica de obras que cumpren os requisitos para entrar nesta categoría.
Na zona de Fondo Local. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca
Máis eventos de tipo Exposición