Evento: VI Scratch Day

VI Scratch Day
sábado, 9 outubro, 2021 - 09:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

VI Scratch Day

Programa escolar.

O programa ScratchDay dirixido a escolares galegos que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) e que conta co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) da Xunta de Galicia regresa coa súa sexta edición.

Esta actuación tamén forma parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, Plan DigiTalent, impulsado pola Amtega para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado máis novo.

Este ano, a iniciativa para achegar a programación informática a idades temperás sen necesidade de ter coñecementos previos na materia, aposta polo entorno dos Scapes Rooms e do Camiño de Santiago, en pleno período extraordinario do Xacobeo 2021-2022.

A Cidade da Cultura de Galicia (Edificio do Museo, Andar 1) será o escenario que acolla esta intensa a atractiva xornada, que está deseñada para tres grandes públicos obxectivos: Os alumnos e alumnas de 6 a 16 anos dos centros escolares de Galicia, os seus pais e nais e tamén o profesorado ou os responsables dos centros que estean interesados en introducir o Scratch na docencia. Os dous primeiros grupos traballarán en conxunto, dado que un dos obxectivos desta iniciativa é precisamente o de implicar ao núcleo familiar no descubrimento e o traballo colaborativo nun entorno amigable e que non precisa de coñecemento profundo de linguaxe de programación. O obradoiro para o profesorado desenvolverase en paralelo na mesma data e lugar e será específico para presentar as vantaxes e potencialidades que implica o traballo con este tipo de tecnoloxía entre os máis pequenos.

A cita será o vindeiro sábado 9 de outubro, de 9:00 a 14:00 horas e estará estruturada en tres Scapes Rooms distintos, cada un deles relacionado con distintos tramos e atractivos do Camiño de Santiago. Os participantes terán como obxectivo ir resolvendo os retos plantexados e empregando as pistas proporcionadas para completar as etapas.

Un ano máis, a empresa especializada en robótica educativa, Rockbotic Galicia, será a encargada de impartir esta xornada do CPETIG, que xa conta cunha dilatada traxectoria na que participaron centos de escolares de distintos centros de Galicia de diferentes idades.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O xogo da estampa
28 de marzo a 26 de abril
Museo de Belas Artes
250424_cartel_baleira
Obradoiro de aromáticas e sementes
24 de abril
Centro sociocultural de Baleira.
escola_de_escribas
Escola de escribas
25 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)