Evento: Belém Tajes Trío en concerto

Belém Tajes Trío en concerto
xoves, 5 decembro, 2024 - 22:30
Clavicémbalo,
Lugo

Belém Tajes Trío en concerto

Concerto a cargo de Belém Tajes

Belém Tajes é unha das voces de referencia da canción de autora en Galicia. Cantante, compositora e especialista en musicoterapia, comezou a súa traxectoria tocando e cantando en agrupacións tradicionais, aprendendo tamén dos cantares das súas avoas, naturais de Arou, Camariñas.

Tras formar parte de grupos de referencia como Luar na Lubre, Aliboria e Moura, e colaborar con Vetusta Morla na xira Cable a Tierra, Belém Tajes inicia o seu proxecto como solista, facendo seus estilos como o pop e a música tradicional galega e latinoamericana. Logo de publicar o seu EP debut Un Mapa, inspirado na súa Arxentina natal, en novembro de 2024 lanza o seu primeiro álbum, Amar o Mar, con colaboracións destacadas como as da poeta Rosalía Fernández Rial e a cantante canaria Marilia Monzón.

  • Belém Tajes - Noite de Lúa

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

María Fumaça, cantar e bailar para ser máis feliz
13 de abril, 17:30
Auditorio de Goián - Tomiño - Pontevedra