Evento: Obradoiro de guión de Tv y cine
Obradoiro de guión de Tv y cine
O obradoiro pretende ser unha introdución a esta forma particular de escritura: cada guion esixe unha forma distinta, unha maneira nova de escribirse. O taller presupón que as historias non se crean, descóbrense, e que os personaxes non se inventan, coñécense. Con ese pensamento en mente, farémonos algunhas preguntas: que diferenza á palabra fronte á imaxe? Que é un guionista? Como se conta unha historia en imaxes?
En particular, centrarémonos nos mecanismos para escribir escenas: os problemas máis comúns; a función do escenario, do espazo e da elipsis; linguaxe, ritmo, efectos; a escritura e reescritura de diálogos. Seguiremos o proceso concreto de escritura dunha escena, desde os seus borradores ata a versión filmada, para ver de que maneira a escena vai crecendo en sucesivas reescrituras; e como os ensaios, a rodaxe e a montaxe pódense entender como reescrituras dunha escena aberta.
José Carrera é escritor, novelista e guionista. Nesta última faceta escribiu os guións da cidade do diñeiro (Camarote Films-2002), As palabras perdidas (adaptación-2009) e colaborado na reescritura e posta a piques de diferentes episodios en series de ficción en diferentes televisións autonómicas .