Evento: Molly Bloom

Molly Bloom
venres, 4 marzo, 2022 - 20:30
Pazo da Cultura de Narón,
Narón

Molly Bloom

Espectáculo de teatro.

En 1980 Magüi Mira encarnou a Molly Bloom, mítico personaxe da novela de James Joyce, un dos grandes textos literarios do século XX, e namorou ao público e á crítica. Molly vive unha noite de insomnio. O seu pensamento voa sen filtros ata os seus máis profundos desexos, ás veces escandalosos. Molly desvélanos a súa paixón pola vida, a súa relación co sexo, os seus principios femininos. Molly, segura de si mesma, goza da vida que vive e da vida que imaxina. Hoxe, corenta anos despois, as mesmas palabras escritas por Joyce, volven ser interpretadas por Magüi Mira que cos seus 77 anos achéganos a unha nova Molly. Con moito amor e moito humor. Unha valente dramaturxia e dirección de Marta Torres e Magüi Mira.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal