Evento: Día Internacional da Lingua Materna

Día Internacional da Lingua Materna
domingo, 20 febreiro, 2022 - 11:30
Xardín do Teatro da Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Día Internacional da Lingua Materna

Acto institucional e actividade de dinamización lingüística que contará coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos.

Este ano, a Xunta de Galicia celebra a lingua materna o día 20, domingo, para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. Faino cun breve acto institucional e cunha actividade de dinamización lingüística que contará coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos. 

As Tanxugueiras son a revelación que puxo a música galega e en galego nas bocas de nenos e mozos de toda Galicia. Coa súa reivindicación da tradición e da lingua como ferramentas que nos ligan co pasado, pero que nos proxectan tamén cara ao presente e o futuro e que nos permiten abrirnos ao mundo desde as nosas raíces, representan todos os valores que se queren transmitir coa celebración do Día Internacional da Lingua Materna.

Completa a festa o concerto A fiestra dos soños, do grupo Trotaventos, que afonda nas músicas tradicionais de Galicia e do mundo, todas ao alcance da nosa man interpretadas en galego".

Entrada é de balde ata completar a capacidade.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola