Evento: Día Internacional da Lingua Materna
Día Internacional da Lingua Materna
Este ano, a Xunta de Galicia celebra a lingua materna o día 20, domingo, para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. Faino cun breve acto institucional e cunha actividade de dinamización lingüística que contará coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos.
As Tanxugueiras son a revelación que puxo a música galega e en galego nas bocas de nenos e mozos de toda Galicia. Coa súa reivindicación da tradición e da lingua como ferramentas que nos ligan co pasado, pero que nos proxectan tamén cara ao presente e o futuro e que nos permiten abrirnos ao mundo desde as nosas raíces, representan todos os valores que se queren transmitir coa celebración do Día Internacional da Lingua Materna.
Completa a festa o concerto A fiestra dos soños, do grupo Trotaventos, que afonda nas músicas tradicionais de Galicia e do mundo, todas ao alcance da nosa man interpretadas en galego".
Entrada é de balde ata completar a capacidade.