Evento: Rastros
Rastros
A obra teatral “Rastros” de Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 31/07/1950-11/09/2002) estreouse na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa o 19 de marzo de 1998 nunha representación que estivo a cargo da compañía Teatro do Aquí.
Roberto Vidal Bolaño foi autor, director e actor de teatro galego, e considérase o pioneiro da profesionalización do sector en Galicia coas dúas compañías de longo percorrido que dirixiu: Teatro Antroido e Teatro do Aquí. No ano 2013 dedicóuselle o Días das Letras Galegas. Este ano chega o vixésimo aniversario do seu pasamento, o que traerá consigo un esforzo en investigación e maior recoñecemento da súa obra.
É por isto que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través da Rede de Dinamización Lingüística, apoia a homenaxe a Bolaño. A representación de 4 funcións no mes de maio da obra “Rastros” da compañía ‘Con de tres pés’ é a fórmula escollida.
Sinopse
O intento de suicidio dunha muller na flor da súa idade convoca durante o tempo no que permanece ingresada na UVI á espera dun desenlace incerto, aos tres homes cos que compartiu os seus sentimentos, os seus soños e as súas ilusións. Ao longo desa tensa espera, de par que reflexionan arredor das grandezas e das miserias da súa vida en común, e do tempo no que esa vida en común se deu, relembran o que foi a súa existencia e as razóns que levaron a cada quen a ser o que hoxe é, e a estar onde está. “Esther, a protagonista de Rastros, é unha muller descaradamente libre. Seguramente anticipada aos tempos de hoxe. Acostuma a dicir o que pensa e facer o que sinte, sen prexuízos. Intentou evitalos pero sen éxito. É un dos personaxes femininos máis interesantes que produciu a dramaturxia galega, unha libertaria de fin de século que tería topado o seu lugar nas manifestacións feministas de hoxe. Rastros pivota sobre a súa liberdade e, ao mesmo tempo, as debilidades que a fan muller galega do seu tempo”.
Máis eventos de tipo Espectáculo