Evento: Festa Encontro Degustación do Millo Corvo

Festa Encontro Degustación do Millo Corvo
domingo, 14 abril, 2024 a martes, 16 abril, 2024
Bueu,
Bueu

Festa Encontro Degustación do Millo Corvo

Festa de Interés Turístico.

Organizado pola Asociación Cultural Meiro, ten lugar unha feira gastronómica que é a culminación dun traballo que abrangue todo o ano e que ten por obxecto a recuperación etnográfica, educativa, cultural e gastronómica do millo corvo. É esta unha variedade de millo de cor negra, case extinguida na comarca do Morrazo, que se fai coa participación de asociacións e centros educativos.

No Encontro-Degustación, os asistentes teñen a oportunidade de probar todo tipo de produtos elaborados coa fariña de millo corvo (pan, tortas, empanadas,…) e o público achégase, entre obradoiros e exposicións, ao coñecemento de todo o ciclo natural do millo corvo, da arquitectura popular, dos diferentes apeiros e útiles de labranza. Ademais, durante toda a fin de semana sucédense actuacións de grupos tradicionais, rutas guiadas, contacontos, obradoiros de oficios tradicionais, charlas, proxeccións, nunha gran festa de exaltación do patrimonio inmaterial.

Para non perderse: 

Na Ecotaberna, receitas elaboradas con millo corvo e venda de produtos da aldea.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Entroido de Laza
7 de febreiro a 9 de marzo
Varios espazos
Entroido dos Felos de Maceda
8 de febreiro a 7 de marzo
Praza das Toldas
Entroido de Xinzo de Limia
8 de febreiro a 9 de marzo
varios espazos
Entroido de Foz
15 de febreiro a 7 de marzo