Evento: Digitalism Dj Set + Mwëslee

Digitalism Dj Set + Mwëslee
sábado, 7 maio, 2022 - 12:30
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

Digitalism Dj Set + Mwëslee

Concerto do dúo alemán.

O dúo alemán ha posto patas para arriba a escena desde 2004 con pelotazos como Idealistic, Zdarlight, Jupiter Room, Pogo, Second Chance ou JPEG (2019), o seu último álbum. As súas remesturas para The Futureheads, Daft Punk, Depeche Mode, White Stripes ou Cut Copy son bombas para a pista.

Diego Cobo (aka Mweslee) é un novo artista e produtor afincado en Vigo. Despois de tocar o baixo en diferentes grupos de rock locais mentres devoraba toneladas de hip-hop, en 1996 comezou a súa andaina como dj con sesións en diferentes clubs e destacando polo seu menu con rap e acid jazz como principais ingredientes.

En xaneiro de 2006 lanza o seu primeiro 12", 'Megaplast EP', co selo alemán Kindred Spirits. Seis temas propios de hip-hop instrumental de gran musicalidade con xiros electrónicos para fans de xente como Prefuse 73, SA-RA ou Dabrye. O seu traballo recibiu o recoñecemento internacional de diferentes emisoras de radio e prestixiosos DJs tales como Gilles Peterson (BBC), Ben Mono (Compost), Benji B (BBC 1Xtra), Huw Stephens (One Music/One World) ou Andrew Jervis (Ubiquity), ademais de aparecer nas listas do mellor do ano nun ben puñado de revistas.

  • Digitalism - Olympia

Máis eventos de tipo Concerto

Derby Motoreta’s Burrito Kachimba
25 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tecendo afectos
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Carlangas
26 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5