Evento: Venres Emprendedores: FrutoDS

Venres Emprendedores: FrutoDS
venres, 10 abril, 2015 - 18:00
Centro de Emprendemento,
Santiago de Compostela

Venres Emprendedores: FrutoDS

As claves do emprendemento desde a experiencia de Alberto Rodríguez Montiel, enxeñeiro técnico en Deseño Industrial e director de proxectos de Fruto DS

Neste 2015, FrutoDS cumpre dez anos. Unha década na que o que foi o primeiro estudo de deseño de produto en Galicia acumulou unha ampla experiencia que lle levou a colaborar con empresas moi diversas: de Finsa a R, Televés ou o Clúster de la Madera de Galicia; e a recibir o Premio Innovación AJE 2013 e primeiro premio nos A’Design Award 2013 polo seu colector Big.Bin.

Este venres emprendedor, Alberto Rodríguez, enxeñeiro técnico en Deseño Industrial e director de proxectos de Fruto DS, contaranos a súa experiencia á fronte dunha firma que sempre busca que o deseño se convirta nunha ferramenta competitiva para empresa.

+ info: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/venres-emprendedores

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Peza do mes: Máscara funeraria do padre Feijóo
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Charla e presentación do cómic "Gloria"
9 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
14 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés