Evento: Teo Cardalda (Cómplices)

Teo Cardalda (Cómplices)
sábado, 29 outubro, 2022 - 23:00
Andén Atlantic Beach Club,
A Coruña

Teo Cardalda (Cómplices)

Concerto do cantante e guitarrista.

Cardalda comezou na música precisamente co grupo Golpes Baixos, xunto a Germán Coppini (que poñía a voz), en 1982. A relación entre ambos partía da época na que estudaban no Colexio Nebrija de Vigo. Inicialmente compoñían un dúo, ao que logo se incorporaron Pablo Novoa e Luís García. A súa canción máis lembrada desta época é "Malos tiempos para la lírica".

Cómplices sería a súa seguinte aventura musical, esta vez en compañía da súa parella sentimental, a tamén viguesa María Monsonís. Aínda que ao comezo (en 1987) o grupo estaba formado por catro membros (Tino DiGeraldo e Billy Villegas completaban a banda), non tardou moito en converterse nun dúo. Es Por Ti, Los Tejados ou Cuando Duermes son algunhas das cancións máis coñecidas da parella. Tamén interpretaron a banda sonora da serie Nada es para siempre, rodada en Galicia  a comezos da década do 2000.

En 1997  Teo probou sorte en solitario sen moita fortuna. Máis tarde retomaría Cómplices, pero seguiría en solitario publicando A veces en 2001, cando María decide abandonar o grupo.

No ano 2003 sacaron un disco cos seus grandes éxitos en directo, nun concerto no que interpretaron os seus grandes temas acompañados por amigos como Presuntos Implicados, Antonio Vega ou Álvaro Urquijo.

En 2006, tras un tempo sen publicar novos traballos, sacan á venda como dúo o álbum Hello mundo cruel.

En 2009  Teo Cardalda compón a primeira peza musical composta en España inspirada na patoloxía Bipolar e titulada "Calor en invierno."

  • Teo Cardalda - No Mires A Los Ojos De La Gente

Máis eventos de tipo Concerto

SUIT(E)
29 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5