Evento: A infamia

A infamia
venres, 3 febreiro, 2023 - 20:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña

A infamia

Proxección da película de Lydia Cacho.

O gobernador dun estado de México se alía cun empresario e pagan a un grupo de policías para que se despracen ata a outra punta do país para secuestrar a unha xornalista que publicou un libro onde lles denuncia por trata de nenas. Eses policías poden secuestrala "legalmente", torturarla, matala polo camiño e lanzar o seu corpo ao mar onde probablemente ninguén o atopará nunca. Poden desatar o horror e saír totalmente impunes. Ou non...

No país máis perigoso para ser xornalista e activista, hai mulleres que se enfrontan ao crecente poder político da delincuencia organizada. Unha delas é Lydia Cacho, quen desafía a políticos, mafiosos, pederastas e feminicidas. Esta función está baseada na súa biografía, "Memorias dunha infamia", onde se retrata o modus operandi dun goberno cómplice da corrupción e a violencia, ademais do valente testemuño de mulleres e nenas do seu país.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Curtas Agnès Varda
9 de novembro
Filmoteca de Galicia
Los destellos
12 de novembro
Filmoteca de Galicia
Los destellos
13 de novembro
Filmoteca de Galicia
Caring for the Elderly with Dementia
13 de novembro
Filmoteca de Galicia