Evento: Unha inimiga do pobo

Unha inimiga do pobo
sábado, 25 marzo, 2023 - 20:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Unha inimiga do pobo

Espectáculo de teatro.

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.

A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade para toda a comunidade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Música Miúda en concerto!
29 de xullo
Biblioteca Pública Municipal de Avión
PoesíaenRiba
2 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia
PoesíaenRiba
3 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Danza 3 | O Fiadeiro
11 de agosto
Praza do Concello