Evento: Elektra.25
Elektra.25
Supón un regreso á Traxedia Grega para Atalaia. As súas anteriores montaxes – Elektra, Medea e Ariadna– marcaron a linguaxe teatral de Atalaia. A compañía leva 25 anos adaptando grandes textos do teatro clásico universal sen perder a súa recoñecida linguaxe contemporánea que comezou fai case catro décadas. Por iso en “Elektra.25 queremos conmemorar dita cifra, que coincide cos 25 séculos do nacemento dun dos tres pais da Traxedia Grega –Eurípides-.
Nesta montaxe trazamos unha ponte entre a Electra dos grandes poetas gregos e quen a adaptou ao século XX: Hoffmansthal e Sartre.
É este aspecto da «universalidade» no tempo o que máis queremos recalcar na nosa visión da Traxedia.
«Elektra» posúe unha forte carga emotiva debido a que a súa «leit motiv» esencial perdurou a través dos tempos: «a vinganza», que foi e segue sendo a orixe de moitos conflitos ao longo da historia da Humanidade.
Máis eventos de tipo Espectáculo