A Dirección Xeral de Políticas Culturais xestiona unha rede de museos e centros expositivos a través dos cales se realiza un importante labor de difusión do patrimonio cultural.
Ademais do servizo de visitas e da actividade investigadora cotiá destes centros expositivos, apóstase neles por unha programación que permita ampliar o coñecemento social dos seus fondos e abrirse cada vez máis ao conxunto da cidadanía.