A Xunta de Galicia convocou mediante a orde do 16 de xuño de 2021 os Premios da Cultura Galega con oito modalidades para distinguir a excelencia no traballo nos diferentes ámbitos culturais.
O xurado que valorou as propostas estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e contou con representación do Consello da Cultura Galega, das universidades do Sistema Universitario de Galicia, da Real Academia Galega, da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, da Secretaría Xeral da Igualdade, da Secretaría Xeral de Cultura e de catro persoas de recoñecido prestixio no eido da cultura, designadas pola consellería.
Documentos relacionados
- Anuncio no DOG595.22 KB
- Xurado314.26 KB