Coa acción comunitaria Capital Europea da Cultura preténdese:
- Resaltar a riqueza, a diversidade e os trazos comúns das culturas europeas, así como a promover unha maior comprensión mutua entre os cidadáns europeos.
- Resaltar as correntes culturais europeas de maior significación.
- Fomentar as manifestacións e creacións artísticas, ás que estean asociados actores culturais doutras cidades dos Estados membros da Unión, que faciliten o establecemento dunha cooperación cultural duradeira e favorezan a súa circulación na Unión Europea.
- Promover a mobilización e a participación de amplos sectores da poboación.
- Fomentar o diálogo entre a cultura europea e as outras culturas do mundo.
- Valorar o patrimonio histórico e o espazo urbanístico da cidade seleccionada.
Periodicidade: anual
As candidaturas promóvense con 6 anos de antelación
Cada edición distingue dúas cidades de dous países diferentes