Premios Otero Pedrayo

Os Premios Otero Pedrayo están promovidos polo Goberno galego e as catro deputacións provinciais. O galardón instaurouse en 1977 e ten como obxectivo perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución eminente á cultura e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.

O premio escólleo un xurado integrado na actualidade polo presidente da Xunta de Galicia, os presidentes das catro deputacións, o presidente da Comisión de Cultura da Deputación que o convoca (de forma rotatoria), o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, un representante de cada unha das tres universidades galegas, un representante da Real Academia Galega, outro do Instituto Padre Sarmiento, e por cinco persoas independentes designadas pola Xunta de Galicia e de cada unha das deputacións.

 

PERSONALIDADES E ENTIDADES PREMIADAS

1977 Carlos Casares

1978 Deserto

1979 Sección de Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento

1980 Eligio Rivas Quintas

1981 Fundación Otero Pedrayo

1982 Xaquín Lorenzo e José Fariña Jamardo

1983 Grupo Marcelo Macías

1984 Antonio Fidalgo Santamariña e a Escola Aberta de Marín

1985 Xosé López Calo

1986 Xosé Filgueira Valverde

1987 Deserto

1988 Xesús Alonso Montero, Emilio Duro Peña e Darío Xohán Cabana

1989 Instituto da Lingua Galega

1990 Isaac Díaz Pardo

1991 Xosé Trapero Pardo

1992 Antón Fraguas

1993 Museo de Pontevedra

1994 Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón

1995 Francisco Fernández del Riego

1996 Xulio Francisco Ogando

1997 Comunidade do Mosteiro de Oseira

1998  Museo do Pobo Galego

1999 Manuel María e Uxío Novoneyra

2000 Miguel Anxo Araúxo Iglesias

2001 Fundación Pedro Barrié de la Maza

2002 Centro Galego de Bos Aires

2003 Centro Galego de Montevideo

2004 Hermandad Gallega de Venezuela

2005 Sociedade Espanhola de Beneficência (Río de Xaneiro)

2006 Real Academia Galega e Laboratorio de Formas

2007 Francisco Xavier Río Barxa

2008 Marcos Valcárcel

2009 Manuel Fraga

2010 Casahamlet

2011 Basilio Losada 

2012 Xosé Luís Méndez Ferrín 

2013 Xosé Neira Vilas

2014 Non se resolveu

2015 Arcadio López-Casanova

2016 Acisclo Manzano e Manuel Buciños 

2017 Margarita Ledo Andión

2018 Antía Cal e María Xosé Queizán

2019 Ramón Villares e Paco Martín

 

PERSONALIDADES

 

 

  

 

  

 

ENTREGA DE PREMIOS