Os Premios Otero Pedrayo están promovidos polo Goberno galego e as catro deputacións provinciais. O galardón instaurouse en 1977 e ten como obxectivo perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución eminente á cultura e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.
O premio escólleo un xurado integrado na actualidade polo presidente da Xunta de Galicia, os presidentes das catro deputacións, o presidente da Comisión de Cultura da Deputación que o convoca (de forma rotatoria), o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, un representante de cada unha das tres universidades galegas, un representante da Real Academia Galega, outro do Instituto Padre Sarmiento, e por cinco persoas independentes designadas pola Xunta de Galicia e de cada unha das deputacións.
PERSONALIDADES E ENTIDADES PREMIADAS
1977 Carlos Casares
1978 Deserto
1979 Sección de Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento
1980 Eligio Rivas Quintas
1982 Xaquín Lorenzo e José Fariña Jamardo
1983 Grupo Marcelo Macías
1984 Antonio Fidalgo Santamariña e a Escola Aberta de Marín
1985 Xosé López Calo
1987 Deserto
1988 Xesús Alonso Montero, Emilio Duro Peña e Darío Xohán Cabana
1989 Instituto da Lingua Galega
1990 Isaac Díaz Pardo
1991 Xosé Trapero Pardo
1992 Antón Fraguas
1993 Museo de Pontevedra
1994 Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón
1995 Francisco Fernández del Riego
1997 Comunidade do Mosteiro de Oseira
1998 Museo do Pobo Galego
1999 Manuel María e Uxío Novoneyra
2000 Miguel Anxo Araúxo Iglesias
2001 Fundación Pedro Barrié de la Maza
2002 Centro Galego de Bos Aires
2003 Centro Galego de Montevideo
2004 Hermandad Gallega de Venezuela
2005 Sociedade Espanhola de Beneficência (Río de Xaneiro)
2006 Real Academia Galega e Laboratorio de Formas
2007 Francisco Xavier Río Barxa
2008 Marcos Valcárcel
2009 Manuel Fraga
2010 Casahamlet
2011 Basilio Losada
2013 Xosé Neira Vilas
2014 Non se resolveu
2016 Acisclo Manzano e Manuel Buciños
2018 Antía Cal e María Xosé Queizán
2019 Ramón Villares e Paco Martín
PERSONALIDADES
ENTREGA DE PREMIOS