O Informe Xerf@. Formación e profesionalización da acción cultural pública en Galicia foi realizado polo grupo de investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago (USC) e persoal das outras dúas universidades, por encarga da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
O estudo, que lle dá continuidade ás liñas de investigación abertas desde 2007 neste eido, realiza un diagnóstico e unha avaliación da actividade profesional e sociolaboral dos/as traballadores/as de acción cultural dos concellos galegos.
A presentación do informe realizouse o 26 de marzo de 2021 en formato webinario a través da canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.