PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2020

  • Logotipo Premios da Cultura Galega 2020
  • 8 galardoados Premios da Cultura Galega 2020

A Xunta de Galicia convocou mediante a orde do 10 de xullo de 2020 os Premios da Cultura Galega 2020 con oito modalidades para distinguir a excelencia no traballo nos diferentes ámbitos culturais.

O xurado estivo formado polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Manoel Núñez Seixas; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, a académica da Real Academia Galega (RAG), Marilar Alexandre, a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade de A Coruña, Cristina López Villar, a profesora, investigadora e escritora Mercedes Brea, o xornalista e escritor Francisco López, o artista Acisclo Manzano e a escritora e comunicadora Elba Pedrosa.

 

Gañadores Premios da Cultura Galega 2020:

  • Premio Cultura Galega de Letras: Ledicia Costas
  • Premio Cultura Galega de Artes Plásticas: Xurxo Lobato
  • Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Fegatea
  • Premio Cultura Galega de Música: aCentral Folque
  • Premio Cultura Galega de Audiovisual: Chema Prado
  • Premio Cultura Galega de Lingua: Xosé González
  • Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural: A Fundación Penzol
  • Premio Cultura Galega de Proxección Exterior: Ildiko Szijj