Yo no sé lo que busco eternamente
Vídeo HD. 8 min.
Yo no sé lo que busco eternamente –título tomado dun poema de Rosalía de Castro– é unha deriva audiovisual a través da Ruta da Prata do Camiño de Santiago. Realizouse nunha situación inédita, en plena pandemia, na que non era posible atopar ningún peregrino nin visitar moitos lugares significativos do Camiño. Pero este escenario sen actores –se acaso algunha persoa na súa cotiandade– era tamén unha oportunidade para atoparse dunha maneira máis crúa coa pcoaisaxe, os sons da natureza, as bestas do camiño… e, na relación con eses elementos, talvez con nós mesmos.
Miguel Ángel Tornero (Baeza, 1978)
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Granada, actualmente vive e traballa en Madrid.
Realizou residencias artísticas na Academia de España en Roma (2012/13) ou Künstlerhaus Bethanien en Berlín (2010), entre outros lugares, e foi galardoado con importantes premios de fotografía, como o Grünenthal (2011), Purificación García (2007) ou ABC (2003), así como Generaciones (2009) a proxectos artísticos ou o Premio Nacional al Mejor Libro de Arte editado en 2014.
Entre as súas exposicións individuais destacan “Quemar ramón” (2020), na exposición inaugural do espazo da Galería Juan Silió en Madrid; “Sin atajos”, na Universidade de Xaén; “La noche en balde” (2017), na Galería Juan Silió de Santander, e “Looking Was Serious Work but also a Kind of Intoxication”, no DA2 de Salamanca (2017). Cómpre sinalar tamén “The Random Series -berliner trato, romananzo & madrileño trip-”, no Festival suízo de Fotografía de Biel/Bienne (2016), Les Rencontres de las Photographie de Arles no Centro de Arte de Alcobendas (2015) e “The Random Series -berliner trato-” (2010) en Künstlerhaus Bethanien de Berlín.