Nova: A Xunta homenaxea a Camilo José Cela no 21º aniversario do seu pasamento
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_763.png)
17/01/2023
A Xunta homenaxea a Camilo José Cela no 21º aniversario do seu pasamento
Padrón (A Coruña), 17 de xaneiro de 2023
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Padrón nos actos impulsados pola Xunta de Galicia polo 21 aniversario do falecemento de Camilo José Cela. Os actos para divulgar a súa figura e legado comezaron cunha ofrenda floral no cemiterio de Santa María de Adina, en Padrón. Tras isto, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades trasladouse ao Museo da Fundación Camilo José Cela para a lectura de La familia de Pascual Duarte a cargo dos alumnos do instituto IES Macías o Namorado de Padrón e do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio. Coincidindo con esta efeméride, a Fundación recibiu a doazón dunha ilustración de Xosé Teiga Estudio por parte de Pepe Formoso.