Nova: A Xunta renova a súa colaboración coa Asociación de actores e actrices de Galicia na organización dos premios de teatro María Casares

03/02/2023

A Xunta renova a súa colaboración coa Asociación de actores e actrices de Galicia na organización dos premios de teatro María Casares

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2023 O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse co presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Xosé Barato, para acordar a sinatura do convenio mediante o que a Xunta renovará a súa colaboración económica coa organización do Premios de Teatro María Casares, que este ano celebran a súa 27ª edición.

 

Na xuntanza, á que tamén asistiu o xerente da asociación, Alberto Blanco, abordáronse as principais actividades arredor da convocatoria en curso, que culminará na gala de entrega do 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Nestes momentos, atópase aberta a primeira rolda de votacións para elixir os proxectos finalistas entre os 36 espectáculos e máis de 300 profesionais inscritos nas 16 categorías a concurso en 2023, ano no que se crean os novos apartados de dirección de movemento e espectáculo de monicreques.

 
 

Comparte