Nova: O Día das Artes Galegas 2015 dedícaselle ao Mestre Mateo

31/03/2015

O Día das Artes Galegas 2015 dedícaselle ao Mestre Mateo

A Real Academia de Belas Artes decide celebrar esta efeméride o 1 de abril 

  • Vídeo coas declaracións do presidente da Xunta
  • Día das Artes Galegas dedicado ao Mestre Mateo Día das Artes Galegas dedicado ao Mestre Mateo
  • O titular da Xunta presidiu esta tarde a presentación do Día das Artes Galegas 2015, dedicado ao Mestre Mateo O titular da Xunta presidiu esta tarde a presentación do Día das Artes Galegas 2015, dedicado ao Mestre Mateo

Santiago, 31 de marzo de 2015.- Esta tarde presenteouse o Día das Artes Galegas 2015 dedicado ao Mestre Mateo. O acto estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou o compromiso das artes galegas coa historia e co futuro de Galicia, e situonas como principal síntoma dun país san e dunha sociedade e libre.

O titular do Executivo galego trasladou á Real Academia de Belas Artes os parabéns por esta iniciativa e aseverou que entre a sociedade galega e os seus creadores houbo e hai unha fonda comuñón. “Os galegos intuímos que nas súas mans está a facultade de facernos transcendentes; o artista fainos disfrutar dun anaco de eternidade”, aseverou.

Feijóo afirmou que todos soñamos cun futuro afastado no que Galicia perviva. “E estou certo de que unha das mellores ferramentas para asegurar esa pervivencia é a arte”, afirmou, ao que engadiu que a arte loita contra o tempo, teima contra o esquecemento e restablece a memoria das cousas que son importantes na existencia dos pobos.

Así mesmo, asegurou que dedicarlle o primeiro Día das Artes Galegas ao Mestre Mateo é toda unha declaración de intencións e de emocións. E, nesta liña, lembrou que o Pórtico e a Catedral son un eixo da arte europea: “O Camiño transforma a Galicia cos peregrinos que veñen, e transforma Europa cos peregrinos que van. Foi a primeira gran rede social pola que transitaron correntes de pensamento, inquedanzas e aventuras que quedaron indisolublemente unidas á nosa identidade, que así queda caracterizada para sempre co selo do dinamismo”, resaltou.

Durante a súa intervención, o responsable autonómico afirmou que o desafío de ser Europa está superado, e agora o reto é facer visible e audible o noso país no mundo globalizado. “E podemos afirmar, sen falsas modestias, que xa é visible e audible”, asegurou, ao que resaltou que na primeira liña desa conquista galega do mundo está a arte, “están os artistas galegos”.

Comparte