Nova: Román Rodríguez representa a Galicia na apertura do Ano Xubilar Lebaniego 2023-24, en Cantabria
16/04/2023
Román Rodríguez representa a Galicia na apertura do Ano Xubilar Lebaniego 2023-24, en Cantabria
Camaleño (Cantabria), 16 de abril de 2023 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, representou hoxe a Galicia no inicio do Ano Xubilar Lebaniego 2023-24 coa participación no acto de apertura da Porta do Perdón do Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, no concello de Camaleño, en Cantabria. Este santuario, fundado no século VII, é un referente da Cristiandade e un dos lugares santos de peregrinación desde a Idade Media.