Nova: A nova edición do Ciclo de Música Barcia de Mera programará sete concertos entre abril e setembro

18/04/2023

A nova edición do Ciclo de Música Barcia de Mera programará sete concertos entre abril e setembro

O director xeral de Cultura participa na presentación da nova edición desta iniciativa que mestura música e patrimonio no rural e volve contar co apoio do Goberno autonómico

Mondariz-Balneario (Pontevedra), 18 de abril de 2023 O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da XV edición do Ciclo de Música Barcia de Mera onde salientou “a consolidación dunha iniciativa que leva xa 15 anos mesturando patrimonio e música de xeito excepcional e achegando, ademais, a cultura aos entornos rurais”.

A iniciativa, que volve contar un ano máis co apoio da Xunta, desenvolverase do 29 de abril e o 16 de setembro cun total de sete concertos que se celebrarán na igrexa barroca de San Martín de Barcia de Mera, no municipio de Covelo.

O primeiro concerto correrá a cargo do Trío Domani. O 13 de maio será a quenda de Guillermo Pastrana, o 3 de xuño de La Música en otros cuerpos e o 15 de xullo de Vicky Peña e Orestes Gás. En agosto, celebraranse dous recitais, o primeiro o día 15 a cargo de Locus Músicos e o 26 de agosto coa Orquestra Sinfónica de Galicia. A clausura do ciclo será o 16 de setembro a cargo de Vox Stellae.

 

Comparte