Nova: Actuacións para a conservación da Porta Miñá da muralla de Lugo

04/04/2015

Actuacións para a conservación da Porta Miñá da muralla de Lugo

Os traballos avanzan neste monumento, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO

  • Porta Miñá da muralla romana de Lugo Porta Miñá da muralla romana de Lugo

Santiago, 4 de abril de 2015.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a formalización do contrato de obras de restauración da Porta Miñá, na muralla romana de Lugo, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. A obra, que suporá no seu conxunto un investimento de 235.511,53 euros, ten un prazo de execución de 6 meses.

En concreto suporán a renovación de parte do pavimento no adarve e reparación do sistema de impermeabilización nas zonas dos cubos XXI e XXII, e a recuperación do oco baixo muralla na rúa Falcón. Así mesmo limparanse e acondicionaranse os paramentos da Porta Miñá, realizaranse traballos de consolidación das súas torres e recuperarase o seu arco superior e o forxado de madeira do mesmo. A resolución pode consultarse no enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150330/AnuncioG0164-130315-0004_gl.html

Con estes traballos o departamento de Cultura da Xunta de Galicia avanza no labor que vén desenvolvendo en prol da conservación deste monumento, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, así como para facilitar a súa interpretación e o seu goce por todos os cidadáns.

Comparte