Nova: Román Rodríguez enxalza a Rapa das Bestas de Sacubedo como unha “celebración icónica de Galicia”

08/07/2023

Román Rodríguez enxalza a Rapa das Bestas de Sacubedo como unha “celebración icónica de Galicia”

A Estrada (Pontevedra), 8 de xullo de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe a Rapa das Bestas de Sabucedo, a Festa de Interese Turístico Internacional que se celebra ata o luns no concello pontevedrés da Estrada.

Na súa visita, o responsable autonómico da Cultura, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, referiuse a esta cita como unha celebración “icónica de Galicia na que se une á perfección a cultura coa etnografía, a tradición, o turismo e o desenvolvemento sostible”.

Comparte