Nova: A Xunta colabora co festival Trece Roeis de Pantón, que celebra unha nova edición os días 18 e 19 de agosto

01/08/2023

A Xunta colabora co festival Trece Roeis de Pantón, que celebra unha nova edición os días 18 e 19 de agosto

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, onde subliñou que o Goberno galego “aposta por iniciativas como esta, que funcionan como un importante reclamo cultural e turístico” para a zona

Pantón (Lugo), 1 de agosto de 2023 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do festival Trece Roeis de Pantón, que celebra unha nova edición os días 18 e 19 de agosto coa colaboración da Administración autonómica.

Arias felicitou á organización polo seu traballo para consolidar esta iniciativa, que “fará desfrutar ao público cun cartel moi amplo e diverso” do que destacou que “dá protagonismo ao talento galego, que se expresa por moitas canles, e a música é unha das principais”.

Resaltou que a Xunta “aposta por propostas como esta, que funcionan como un importante reclamo cultural e turístico” e suman “un atractivo máis que favorece a dinamización económica e a promoción de Pantón e de toda a Ribeira Sacra”.

O programa do venres 18 inclúe as actuacións de Reincidentes, Kaotiko, Lamatumbá, Catuxa Salom, Lucía Aldao, Tiam GZ, The Poet’s Silence, Enxeito e Tirapralá. O sábado 19 será a quenda de SFDK, Auxili, Benito Kamelas, Tribade, Sofía Espiñeira, Tregua, Monoulious DOP, Uxía Lambona e a Banda Molona e Festicultores Troupe.

Haberá outras accións complementarias vinculadas aos recursos da zona como os viños e a gastronomía, así como presentacións literarias, obradoiros e actividades para o público infantil.

 

Comparte