Nova: A III Xornada de Promoción Escénica e Musical achégalles as novidades do sector a 35 concellos e espazos culturais de Galicia e Portugal
28/11/2023
A III Xornada de Promoción Escénica e Musical achégalles as novidades do sector a 35 concellos e espazos culturais de Galicia e Portugal
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interveu esta mañá na apertura da III Xornada de Promoción Escénica e Musicais, que organizan na Cidade da Cultura os colectivos profesionais Escena Galega e Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) co apoio da Xunta de Galicia. Nela están a participar os responsables da programación cultural de 35 concellos, festivais e escenarios de Galicia e Portugal, que coñecerán de primeira man as novidades do sector a través de presentacións rápidas, networking e máis de 400 reunións con preto de 50 produtoras, promotoras e distribuidoras galegas de artes escénicas e de música.
En palabras do representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a finalidade é fomentar a contratación dos espectáculos galegos tanto desde o ámbito público como desde o privado, prioridade compartida polo Goberno galego no marco das súas políticas de dinamización da industria cultural galega.