Nova: A Xunta pon en valor a oferta de servizos bibliotecarios no Día dos seus usuarios

11/01/2024

A Xunta pon en valor a oferta de servizos bibliotecarios no Día dos seus usuarios

Ourense, 11 de xaneiro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron no nomeamento dos socios de honra da Biblioteca Pública Nós de Ourense, con motivo do Día do usuario/a das bibliotecas.

O acto, que homenaxea os tres usuarios con máis préstamos durante o ano 2023, é unha das máis de 20 citas que están programadas hoxe nas bibliotecas públicas galegas dependentes da Xunta, que conmemoran o día con obradoiros, agasallos, clubs de lectura ou visitas guiadas. O obxectivo é dar a coñecer estes espazos e os seus servizos bibliotecarios, así como o fomento do gusto pola lectura.

 

Comparte