Nova: Román Rodríguez refírese o Castelo de Monterrei como un dos principais reclamos culturais da provincia de Ourense

29/01/2024

Román Rodríguez refírese o Castelo de Monterrei como un dos principais reclamos culturais da provincia de Ourense

Monterrei (Ourense), 29 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o concello de Monterrei, onde se achegou ata o Castelo de Monterrei, ao que se referiu como un dos principais reclamos culturais da provincia de Ourense que vén de mellorar as súas condicións de conservación e accesibilidade, proxecto que “vai máis alá dunha mera restauración física e material”.

Neste senso, o responsable autonómico de Cultura tamén aproveitou a visita ao monumento para felicitar o equipo técnico pola súa implicación para poñer en valor a importancia patrimonial deste espazo medieval procurando un equilibrio “entre a preservación e a funcionalidade para que recursos como este sexan útiles para todos os veciños”.

Comparte