Nova: Román Rodríguez destaca o papel da tradición intelectual e a reflexión cultural na celebración do Xacobeo

29/01/2024

Román Rodríguez destaca o papel da tradición intelectual e a reflexión cultural na celebración do Xacobeo

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu hoxe á sesión solemne de apertura de curso na Academia Xacobea e ingreso como académico de honra do arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, na que destacou o papel da “tradición intelectual e a reflexión cultural na celebración do Xacobeo”.

“Celebramos un fito importante para esta institución, xa que supón ampliar o horizonte intelectual e humano da propia Academia coa incorporación dun membro que sempre estivo vencellado á divulgación e á ensinanza”, subliñou o responsable autonómico de Cultura, que aproveitou tamén para agradecer o compromiso coa transmisión dos valores do Camiño de Santiago feita pola Academia Xacobea.

Comparte