Nova: O conselleiro José López Campos reúnese coa directiva da Academia Galega do Audiovisual para tratar as iniciativas conxuntas co sector
26/04/2024
O conselleiro José López Campos reúnese coa directiva da Academia Galega do Audiovisual para tratar as iniciativas conxuntas co sector
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu hoxe o presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Álvaro Pérez Becerra, nunha primeira reunión con membros da xunta directiva deste colectivo, que serviu para actualizar o estado dos proxectos en curso compartidos e como presentación formal entre os responsables das dúas entidades.
Na xuntanza, na que tamén participaron Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, e Miguel Mariño, Saamira Ganay e Milo Baños, director e vogais da AGA, respectivamente, tratáronse asuntos xerais relativos ao sector recollidos na Mesa do Audiovisual e reafirmouse o compromiso de continuar co diálogo para avanzar en futuras colaboracións.