Nova: Cultura entrega á RAG e ao CCG a proposta do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico

18/04/2015

Cultura entrega á RAG e ao CCG a proposta do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico

  • O conselleiro de Cultura e Educación entrega a proposta do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico aos presidentes da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega O conselleiro de Cultura e Educación entrega a proposta do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico aos presidentes da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega

Santiago, 18 de abril de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, fixo entrega esta mañá da proposta inicial de Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020 aos presidentes da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; e do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

O obxectivo é iniciar a rolda de contactos para que as diferentes institucións implicadas na protección da lingua e cultura galegas fagan as súas achegas ao texto. Deste proceso aberto de debate e entendemento forman parte, como Comisión Institucional, a propia Consellería a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, así como a RAG e o CCG; mentres que se constituirán tamén outras comisións de traballo nas que se encadrarán moitas outras entidades que serán consultadas. O encontro desenvolveuse esta mañá na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, e nel participou tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Comparte