Nova: López Campos anima a participar “na gran festa da palabra” na entrega dos premios Dígocho Eu 2024

16/05/2024

López Campos anima a participar “na gran festa da palabra” na entrega dos premios Dígocho Eu 2024

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu esta tarde na Cidade da Cultura á gala dos III Premios escolares Dígocho Eu 2024 na que animou a todo o mundo a participar “na gran festa da palabra que son as Letras Galegas”.

Neste certame de vídeos en galego, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, recoñécese a calidade lingüística e expresividade dos participantes, a súa orixinalidade e a innovación do contido. Nesta terceira edición, que será emitida na TVG mañá, venres, coincidindo co día das Letras Galegas, participaron máis dun cento de propostas.

Comparte