Nova: A Xunta destina 200.000 euros a obras de mantemento do edificio hístorico do círculo das artes de Lugo

27/05/2024

A Xunta destina 200.000 euros a obras de mantemento do edificio hístorico do círculo das artes de Lugo

O Goberno galego procura que estas actuacións de mellora sirvan para a posta en valor do inmoble, construído en 1898, como puntal da actividade cultural da cidade

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

A Xunta financiará con 200.000 euros as obras de mantemento do edificio Círculo das Artes de Lugo, inmoble construído polo arquitecto Luis Bellido no ano 1898 e que conta coa consideración de carácter histórico. Catalogado cun nivel de protección 2, posúe un papel relevante na vida cultural da cidade pola súa ampla e variada actividade dinamizadora.

Todos estes factores foron tidos en conta polo Consello da Xunta que autorizou hoxe a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Círculo das Artes de Lugo co obxecto de que esta achega para obras --que irán encamiñadas especialmente á actuacións na cuberta, fachadas e interiores-- sirva par acadar a posta en valor, a conservación e a reparación das deficiencias actuais deste edificio.

En concreto, o convenio especifica os pagamentos anticipados ata un máximo do 80 % do importe concedido en cada una das dúas anualidades en que se realizará a achega de 200.000 euros por parte do Goberno central. Así, destinaranse 100.000 euros neste ano 2024 e outra idéntica partida para o ano 2025.

Edificio histórico cunha ampla oferta cultural

O Círculo das Artes de Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro que ten entre os seus fins, a promoción e desenvolvemento da Cultura e o Deporte nos seus máis amplos aspectos, posibilitando neste sentido un labor educativo.

Nesta liña de actuación, atende especialmente á organización de exposicións, audicións musicais, competicións deportivas, proxeccións, certames, ciclos de conferencias que de ningún modo poderán versar sobre asuntos políticos, clases de solfexo, música, guitarra e demais instrumentos, debuxo, pintura, idiomas e Lingua e Literatura Galega, entre outras.

 

Comparte