Nova: Valentín García destaca a importancia do legado de Castelao na construción da identidade galega

28/05/2024

Valentín García destaca a importancia do legado de Castelao na construción da identidade galega

O secretario xeral da Lingua asiste á conmemoración do 80 aniversario da publicación ‘Sempre en Galicia’ organizada pola Fundación Castelao

Pontevedra, 28 de maio de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu hoxe á xornada organizada pola Fundación Castelao no Museo de Pontevedra para conmemorar o 80 aniversario da publicación de Sempre en Galiza, a obra referente de Castelao que se publicou en Bos Aires en marzo de 1944.

Nesta cita, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou a importancia do legado de Castelao na construción da identidade galega. “A cultura que coñecemos hoxe en día non sería a mesma sen a contribución dun dos nosos persoeiros máis ilustres”, engadiu Valentín García.

A programación de hoxe, en cuxa organización participa a Secretaría Xeral da Lingua, inclúe relatorios, conferencias e mesas redondas. Ademais, as persoas  asistentes ao Museo de Pontevedra tamén poden visitar a exposición permanente dedicada ao autor cos fondos propios da entidade ou a mostra temporal Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa. Fotografías.

Comparte