Nova: A delegada territorial da Xunta en Ferrol reúnese con membros da directiva da Sociedad Filarmónica Ferrolana para estudar vías de colaboración

04/06/2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol reúnese con membros da directiva da Sociedad Filarmónica Ferrolana para estudar vías de colaboración

Ferrol, 4 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa vicepresidenta da Sociedad Filarmónica Ferrolana, Araceli Torres, e o vogal da entidade, Fernando Coll Barros, coa finalidade de estudar posibles vías de colaboración.

Martina Aneiros aproveitou a ocasión para loar o traballo levado a cabo pola Filarmónica Ferrolana ao longo dos seus 75 anos de historia e destacou a súa contribución á promoción do gusto pola música de cámara, sinfónica e coral entre os cidadáns das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona coa finalidade de coñecer de primeira man as súas  necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.

Comparte